La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

25 Octubre 2008

XORNADAS SOBRE XESTIÓN SOSTIBLE DOS BOSQUES

Terán lugar en Ortigueira do 13 ao 15 de novembro organizadas pola Fundación Comarcal do Ortegal en colaboración con Ultreia e Ortegalia, e nelas tentarase poñer en común experiencias singulares que supoñen un xeito diferente de aproveitamento forestal: A biotecnoloxía aplicada á xestión forestal, o asociacionismo ou a agricultura ecolóxica son algúns dos temas propostos por cooperativas, asociacións e empresas que participarán das xornadas. Productores de madeira falarán pola súa banda sobre a productividade do monte galego e as expectativas do sector, e tamén terán espacio representantes da Administración que explicarán a política forestal da Xunta.

É unha oportunidade para o debate e, nomeadamente, para difundir alternativas de probada viabilidade ao -dende todas as perspectivas posibles- empobrecedor panorama forestal que temos actualmente. Agardamos que sexa un éxito.

XORNADAS SOBRE XESTION SOSTIBLE DOS BOSQUES NA COMARCA DO ORTEGAL:

13,14 e 15 de novembro

Inscripción (gratuita) na Fundación comarcal de Ortegal

Paseo Eusebio Davila 12 B 15330 Ortigueira

fortegal@comarcasdegalicia.com

info@comarcadeortegal.com

www.comarcadeortegal.com

Tfno.: 981 422207

servido por ortigueira 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

simplicius

simplicius dijo

En ese aspecto, toda iniciativa encaminada al sector maderero y conservación del medio natural, es siempre bienvenida y un motivo más de reencuentro para reflexionar y aunar esfuerzos en pro de la recuperación de las antiguas fragas y valles de Galicia.

25 Octubre 2008 | 09:03 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera