Soa duro, despois de tanta xente ter asumido que é cívico separar os seus envases,despois de tanto esforzo público, de tanta campaña e de involucrar nela a tantos ben intencionados. Pero o contedor amarelo non constitúe a solución que nos fixeron crer. Así o denuncia a Federación Ecoloxista Galega no documento de suxestións que ten achegado á Xunta para mellorar o Plan de Residuos Urbanos de
Galicia 2007-2017. Para esta organización, o contedor amarelo non constitúe un sistema útil cara ao tratamento de residuos posto que a reciclaxe de envases recollidos é mínima e mesmo moitos deles son destinados á incineración, tratamento finalista considerado o mais insustentable, insalubre alén de extremadamente contaminante. Para isto é que estamos a pagar unha taxa verde polo 100% dos envases que tiramos ao lixo. O contedor amarelo, subliña a FEG, non é mais que o lavado de cara e de conciencia das empresas productoras de envases.
Como alternativa, a FEG cree indispensable en primeiro lugar unha aposta radical en favor da reducción: Os ecoloxistas propoñen regular a sobreembalaxe, gravar os envases mixtos (bricks) e incentivar os retornábeis. A recollida de lixo efectuaríase por outra banda en catro fraccións mantendo os contedores de papel, vidro e resto e substituíno os inútiles contedores amarelos por outros de materia orgánica para á compostaxe. Deste xeito a maioría dos residuos urbáns irían destinados ao seu tratamento mediante os únicos métodos que se teñen por verdadeiramente sustentables: a reutilización, a reciclaxe e a compostaxe.
Os contedores amarelos representan a falta de unha resposta concluínte do goberno a un problema perentorio, posiblemente o mais grave que debe resolver esta sociedade. O novo plan de residuos pouco progreso supón en relación ao vello porque pese a súa fe de intencións segue sen abordar o problema dende a raíz: Galicia seguirá a ter o mesmo ritmo acelerado de crecemento na producción de lixo posto que non se contempla a adopción de ningún tipo de medida pola reducción. A empresa incineradora SOGAMA, seguirá contando con numerosos incentivos económicos por parte da administración para seguir a ser, alén dun negocio boiante, un dos maiores axentes do cambio climático e da producción de tóxicos da comunidade. O tratamento do lixo continuará sendo abordado dun xeito productivista, cara ao beneficio empresarial (desta volta daráselle prioridade á biometanización), evitando adoptar medidas que podan estorbalo, aínda que non sexan mais gravosas nin complicadas, aínda que sexan as únicas que verdadeiramente poderían poñer a nosa comunidade no camiño da sustentabilidade.
!--[endif]-->!--[if>



Las estadisticas hablan por si solas y siempre se refieren a la cantidad media de basura generada por habitante y a los gastos de limpieza y tratamiento que se derivan.
Sin embargo, nunca hablan de las industrias de embalajes plásticos, porispán, etc... ni de los métodos innovadores del reciclaje, ni del problema de la exportación de millones de toneladas de los embalajes para electródomesticos made in China, Corea y del mundo global. Es un problema de estado inimaginable y si me apuras...
por qué non se toman medidas coma noutros países Europeos coma o que citades, gravar os materiais retornábeis, coma poden ser botellas de cristal e plástico, creo que é en Inglaterra, que se te levas unha botella de vidro ou de plástico, súbenche o prezo en 10 peniques, se vas devolver a/s botella/s devólvenche eses peniques que che subiron.
Esta só podería ser unha medida para que a xente devolva eses materiais ó seu proveedor e para que este, os recicle.
Tamén está de moda nos países europeos PAGAR polas bolsas de plástico, aquí o único que cobra por elas (creo que é o LIDL e será porque é unha empresa estranxeira), a xente vai mercar con bolsas de tea ou cun carriño, aquí os que facemos iso somos a gran minoría.
Pois que cobren polas bolsas tamén.
Hai tantans medidas e solucións e tan pouco participación da cidadanía e das administracións que isto é unha vergonza.. claro está, estamos na península, un páis de porcos e vagos (comparándonos cos nosos veciños).
O de cobrar polo envase e foiche de toda a vida neste pais ate hai uns anos, nos que se puxeron de moda os envases non retornables. Incluso habia xente que facia uns cartiños recollendo botellas e levandoas á tenda para cobrar o peso que valian. Hoxe as empresas pagan para que alguen os recolla e os recicle. Son os ecoembes que xestionan a recollida de envases e procuran a sua reciclaxe. O negocio é redondo paraestas "empresas" que reciclen ou non cobran por todo envase ao produtor. É unha especie de SGAE.
E SOGAMA que? Cartos para FENOSA e irregularidades agachadas por todas partes na xestión pública (co PP ag! co PSOE puag!). Contamina mais que ENDESA e nola venden como sostible...mal vamos a reciclar o lixo se non nos desfacemos de toda esta mougalla política.
http://www.vieiros.com/nova/70219/os-herdeiros-da-anterior-xunta-...