La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

21 Diciembre 2008

A ESTAFA MAIS GRANDE DA HISTORIA DE GALICIA II


Primeiramente témonos que excusar ante os amigos deste blog por esta tan longa ausencia da rede. Aínda non cansamos de Ortigueira Sostible e polo momento non temos pensado pechar. Aquí seguimos para quen queira lernos e dialogar con nos sobre....bueno, case todo. Non empecemos poñendo límites. A todos, un saúdo de novo.

Polo pronto seguimos a tirar do fío da cuarcita de Muras que explotada polo ex alcalde (“o fillo”, como adoitan xa chamarlle os seus tamén ex administrados) e parte da súa familia, empezou sendo noticia por ocupar unha zona protexida ambientalmente e suministrarlle material á Cidade da Cultura carecendo de licencia de explotación. Despois soubemos das irregularidades do proceso de contratación, que levantaba fundadas sospeitas sobre un presunto tráfico de influenzas do que a empresa Campo habería obtido un beneficio de moi elevado importe. Para rematala, pouco despois, a empresa mineira suspendía o suministro á Cidade da Cultura por esgotamento do material e ahí foi cando nos enteramos que a contratación se fixera a sabendas de que non se podía garantizar a totalidade do suministro xa que un informe da Xunta alertaba claramente de serias incertidumes sobre as reservas da canteira.

O caso, posiblemete o maior escándalo dos que encerra o Gaias, foi noticia onte (El País) novamente pola intervención do Tribunal de Contas e as investigacións iniciadas pola xuíza do xuzgado nº 1 de Santiago que investiga as irregularidades cometidas polo goberno de PP na Cidade da Cultura.

Preguntámonos se non haberá alomenos un asomo de dúbida (entre os promotores da idea) por haber precipitado non pouco o nomeamento do ex alcalde como fillo adoptivo da vila, ante tanta evidencia de cal era o seu verdadeiro xeito de estar en política.

servido por ortigueira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera