La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

4 Enero 2009

CONCERTOS DA CARAVANA GALIZA NON SE VENDE

Onte inaugurábanse en Vigo ( sala Á Fábrica de Chocolate) a xira de concertos reivindicativos organizadas por Galicia Non Se Vende que percorrerá oito cidades do país coincidindo o seu remate coa gran manifestación convocada para o día 15 de febreiro en Compostela. A Caravana Galicia Non Se Vende ten por obxectivo denunciar de xeito informativo sobre a actual política da Xunta, que segue afondando nun modelo político e económico insustentable e socialmente inxusto, cuios visibles efectos son a destrucción sistemática da paisaxe, da biodiversidade e do patrimonio cultural.

Os seguintes concertos programados son:

Concerto de Ourense día 10 de xaneiro ás 18:00 no Café Teatro Xesteira.

Actuarán: Camilo Franco

Belén Regueira

Juanjo Rodicio

Carlos Rafael

Pedro Brandariz

Lamatumbá

O Sonoro Maxín

Guezos

Ergom

E haberá proxección de Documentais

Concerto de A Coruña día 24 de xaneiro, as 20:30 no L.S.O. Casa das Atochas.

Actuarán:

A MAGNIFIQUE BANDE dos Homes Sen Medo (con charanga-pasarúas previa por Monte Alto)

Os Tres Trebóns

Samesugas

E haberá proxección de Documentais

Concerto de Compostela dia 15 de febreiro às 17:30 na Sala Nasa, (R/San Lourenzo 51/53). a entrada costaria 5 euros

Coincidindo con a manifestación nacional en Compostela.

Actuarán:

Os da Ria

The Homens

Quempallou

Dakídarria

E haberá proxección de Documentais

Faltan por confirmar as datas e grupos que actuarán nos outros concertos, que serian en Pontedeume, Ribeira, Ferrol e Ponteareas.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

TERRA VIVA E VIDA DIGNA PARA TOD@S

servido por ortigueira sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera