Xa vos falei do blog de José Fariña noutro post o verán pasado e aí o temos entre os nosos enlaces permanentes. Unha xoia de blog nos temas que mais nos interesan nesta páxina. Desta volta referencio un post do mes de outubro (andamos con atraso acumulado) titulado “Ecoaldeas, nueva forma colectiva de habitar el territorio”. O tema, nin o concepto de ecoaldea é tan novo, aínda que si pouco coñecido, pese ao seu xa considerable nivel de implantación en moitos países e de que entidades como a UNESCO xa patrocinan experiencias así autodenominadas . A autora do artigo. Rocío Blaitt, fai un bo traballo documental, breve ao tempo que informativo (e por iso recomendable) sobre este fenómeno que constitúe unha interesante experiencia social no camiño cara formas de vida mais sostibles.

Igualmente interesante resultou o debate suscitado polo artigo nos comentarios. Algúns dos intervenientes destacaron (peyorativamente) que algunhas caracerísticas das ecoaldeas evocaban o hipppismo, adolecendo, segundo eles, como este movemendo dunha marcada tendencia a constituír comunidades pechadas, “ensimismadas” e resultando ser “solucións autistas e insolidarias” cuia vocación sería mais a de evadirse dos problemas sociais que enfrontalos. Non cabe dúbida que as ecoaldeas teñen algo en común do espírito daquelas comunas dos sesenta: Tamén os seus integrantes eran un grupo ideolóxicaente homoxéneo que tentaban conxuntamente unha volta a modos de vida sinxelos e puros ( aínda que mixtificados en moitos aspectos) e tiñan unha vocación “espiritual”, por dicilo dalgún xeito. De feito, a autora do post subliña a presencia dunha “búsqueda espiriual” como característica recorrente na conformación dalgúns dos grupos humano que integran as ecoaldeas. Indicio desta tendencia é que a mesma rede global de ecoaldeas (GEN: Global Ecovillage Network), aínda que reúne experiencias comunitarias de moi diversa natureza, entende que a boa saúde ou sustentabilidade destas comuninades se pode avaliar en base a factores tan espirituais como o “pegamento comunitario [se refiere a la armonía y creencias comunes entre los miembros del grupo]; resiliencia comunitaria [se refiere a la capacidad de afrontar perturbaciones]; una nueva visión holográfica del mundo [sentimiento de la comunidad como parte del planeta]; Paz y Conciencia Global.

Sen desprezar esta dimensión, da que é difícil illar por outra banda calquera expresión humana, as coincidencia das ecoaldeas co movemento hippie son apenas superficiais. Rocío Blait inclúe no concepto “ cualquier asentamiento que esté trabajando hacia la sustentabilidad”. Dirección conveniente sen dúbida para calquera comunidade, tendo en conta que sustentabilidade é unha noción que contén supervivencia e continuidade no seu significado. Pero ademais as ecoaldeas constitúen un modelo social exemplar porque teñen como punto de partida o consenso entre os seus membros, tanto en relación aos obxectivos como nas estratexias para acadalos, factor difícil de atopar en mais grupos humanos. onde reinan xeitos farto menos civilizados de funcionamento. Deste xeito, a característica mais exemplar destas comunidades, resulta tamén o escollo mais substancial para a súa implantación a un nivel algo mais que anecdótico. Nembargantes ahí estan: Unha utopía realizada.