La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

22 Enero 2009

AS MALAS PRÁCTICAS URBANÍSTICAS DESACREDITAN VERGONZOSAMENTE AO ESTADO ESPAÑOL NO PARLAMENTO EUROPEO

 

Margrete Auken, eurodiputada danesa e membro da Comisión de Peticións presentou no Parlamento Europeo un informe sobre a urbanización extensiva en España e o seu impacto nos dereitos individuais dos cidadáns europeos e no Medio Ambiente. O informe ven motivado polo “inxente número” de reclamacións recibidas pola Comisión de Peticións (o asunto que mais queixas ten xenerado ante a Eurocámara) por abusos cometidos contra a propiedade privada de cidadáns europeos e “pola inquietude acerca do desenvolvemento sostible, a protección do medio ambiente e o subministro e calidade das augas, así como respecto aos procedementos de contratación pública e en relación coas deficiencias no control dos procesos de urbanización por parte das autoridades das comunidades autónomas e locais de España”.

O informe denuncia unha chea de despropósitos que van desde o incumprimento das Directivas ambientais europeas na elaboración da maioría dos planes urbanísticos. Éstos supoñen sen excepción a recalificación de solo rural a solo urbanizable en proveito dos promotores e, en moitos casos de terrenos protexidos, que se desclasifican ou non se reclasifican en absoluto, precisamente para permitir a súa urbanización. Este proceso ten carrexado, segundo o informe, a destrucción masiva da costa española, o que constitúe unha perdida “tráxica e irreparable” dos seus ecosistemas pero tamén da súa identidade e o seu legado cultural, todo esto pola “avaricia e conducta especulativa das autoridades locais e membros do sector da construcción” que conseguiron beneficios masivos con estas actividades. Auken tamén responsabiliza ás políticas urbanísticas especulativas das graves consecuencias sociais, nomeaamente o paro, que está a conlevar o anunciado desplome do sector inmobiliario.

A europdiputada considera no seu informe que pese a que as autoridades xudiciais, sobretodo uns poucos fiscais dilixentes, empezan a reaccionar ante a corrupción dos gobernos locais, a situación desborda ao sistema xudicial, os expedientes abertos adoecen duna lentitude excesiva e as sentenzas non compensan ás víctimas dos abusos. Tamén considera a diputada europea pouco firmes as actuacións da Comisión Europea ante abusos ben documentados.

Ante esta situación a diputada esixe diante do Parlamento Europeo que España revise a súa lexislación para poñer fin aos abusos nos dereitos de moitos cidadáns, pide que se declare a moratoria de todos os novos plans urbanísticos que non respecten criterios rigurosos de sostenibilidade ambiental e responsabilidade social e que se detengan e anulen todos os desenvolvementos urbanísticos que non tiveran aplicados os criterios establecidos polo Dereito Comunitario, nomeadamente na adxudicación de contratos urbanísticos e ao cumprimento das disposicións en materia de auga e medio ambiente.

.

Por outra banda considera encomiable a actuación da figua dos Defensores do Pobo, que teñen intervenido a miúdo en moitas comunidades en resposta ás denuncias dos cidadáns e lamenta que os seus esforzos sexan desoídos sistematicamente polas administraccións autonómicas. A europarlamentaria adica tamén palabras de recoñecemento hacia as actuacións dos peticionarios e de todas as pequenas asociacións locais, que engloban a moitísimos cidadáns e cuia labor está sendo esencial para garantir os dereitos fundamentais dos afectados por este “inxente e complexo problema”

O informe provocou nos diputados españois no Parlamento Europeo unha notable reacción, non por outra cousa senón que o noso país corre o risco de perder os fondos de cohesión de seguirse a incumprir a normativa europea. A súa precipitada resposta non pasa como xa é presivisible pola proposta de medidas para intentar solventar os efectos desta lacra, senón que consiste en facerlle enmendas ao informe de Auken: Un informe impecable cuia veracidade podemos comprobar todos os cidadáns de a pé en calquera lugar da nosa xeografía sen ir moi lonxe.

servido por ortigueira 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

simplicius

simplicius dijo

Es insostenible que a marchas forzadas merme tanto la población y por otro lado se abran calles e inaguren más huecas y vacías colmenas.

1 Febrero 2009 | 01:50 AM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera