Ortigueira amenceu o sábado sendo zona catastrófica. Ou iso alomenos reclama o alcalde. Non tendo que lamentar desgrazas persoais, o certo é que os danos materiais son cuantiosos. Coches , tellados, fiestras esnaquizadas e sobre todo centos de árbores invadindo as estradas. E para moitos, o peor: Cortes no suministro de luz que aínda hoxe non se lles restableceu. Xente que leva dende o venres sen electricidade e , de paso, se teñen pozo, sen auga corrente. Unha catástrofe doméstica dabondo para poñer o grito no ceo, porque pagar, pagan o recibo ao mesmo prezo que os demais e non necesitan rachas de vento de de 150 Km/h para quedar nesta situación varias veces ao ano. Isto xa o sabiamos, e tamén que nuns días (poucos, con sorte) volveralles a luz, pero que o problema estructural seguirá sen que ninguén teña vontade en saldalo dunha vez.
O vento deixounos una mágoa, cremos que compartida por todos: A perda irreparable das árbores do malecón. Os últimos vestixios dos seus xardíns emblemáticos. Non paga a pena buscar responsables. Todos sabemos que o responsable foi o vento entolecido, e leña de árbore caída hai dabondo polo chan para facer agora mais. Pero non se deben desbotar ocasións coma estas para extraer algunha boa ensinanza: Xa que agora o que queda por diante é a restauración integral dos xardíns (supoñemos) esperamos que se fagan con mellor criterio que a reforma de que foron obxecto fai uns anos. Moitos somos os que daquela opinamos que non estaba xustificada unha alteración tan substancial (e coma sempre, desorbitadamente cara) duns xardíns con sabor de outrora, razoablemente ben conservados, que necesitaban ao sumo unha restauración superficial e que tiñan esa estructura pechada e densa que lle confería carácter e peculiar beleza, pero sobre todo, que se adecuaban mais axeitadamente a unha ubicación tan exposta. Sabemos que o alcalde Girón xa non aprobaba dos novos xardíns alomenos a cafetería chantada no medio, a propósito da que fai pouco recoñeceu que “ dada su escasa integración en el entorno estropeaba la imagen de los jardines de cipreses centenarios” (ver en La Voz de Galicia).
Querémolo entender como a rectificación dun dos mais inaceptables erros da pasada corporación municipal, da que formou parte activa e aquiescente. Esperamos que a ocasión serva para emendalo: Postos a investir de novo cartos públicos en refacer unha obra ( por causa e forza maior), esperamos que recorde que os “xardíns emblemáticos do malecón” no eran os que arrasou o vento.
!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->


Mágoa duns xardíns que foron testemuñas dun tempo no que a Vila tiña señoritos de chapeu, paseo do malecón , cárcere de partido xudicial e campo da Torrre .Calquera ve que a desfeita do xardin escomenzou cando escomenzou. E todos fumos culpables por non ter emulado á baronesa de Madrid . Agora, para que Ortigueira se transforme nuha vila calquera das da era do cemento e formigón, so falta derrumbar catro casas no cantón e duas na carretera . Paciencia, xa chegará o dia.
A catastrofe comezou hai dez anos cando alguen se presontou a alcalde ca idea de levantar Ortigueira. Agora o vento non fixo mais que por o punto final á desfeita que xa dura unha decada. O Girón pode pedir o que queira e remendar as desfeitas que fixo o PP do que el forma parte, mais hai que decirlle que gobernar e algo mais que piochar á Xunta e ao Estado. Que se poña a traballar dunha vez, que hai moito que facer. Estou seguro que se traballaran tanto como o fan o dia das eleccions polas parroquias xa estaban todos os lugares con sumistro eléctrico e linea telefonica.
Tampouco te pases Roberto, con que traballaran a mitade xa estaba todo funcionando. E que podes esperar dese Girón. Algo terá que facer para xustificar o sueldo que se puxo, e do asesor en bandas musicais, e o da sua secretaria particular, e o do xornalista... Se os mandara para casa e contratara unha cuadrilla xa podiamos ter lus e telefono como os da vila.
Abofé que non entendo miga do que estades a falar, sr Xirón.
Pra qué demo vae argallando con iso do traslado de Ence, e quen ye deu vela nese enterro, tendo alcaldes como ten, Pontevedra e As Pontes.
Vostede ainda non sabe nin conoce do que esta a falar coma a mín.
E logo quere unha ponte pra Cariño e autovía pra As Pontes..