O peor sistema que existe para o tratamento de lixo é a icineración, e xustamente por ese apostou Galiza (os seus gobernos), e o chamou SOGAMA. Ademais SOGAMA non da abasto para queimar os residuos que producimos, polo que adopta outra lamentable vía, a do amoreamento de lixo nun gran macrovertedoiro (Areosa), que non é un sistema de tratamento peor, porque, simplemente, non é un sistema de tratamento do lixo ( e ademais está condenado pola Unión Europea).

Podería haber unha situación mais deplorable? Pois definitivamente, SI: Resulta que SOGAMA é en si mesma un vertedoiro de corrupción. Un descomunal despropósito creado polo goberno do PPdeG e mantido polo bipartito ao que non hai vontade de poñer remedio.

Análise en Vieiros onte: "As claves dun despropósito chamado SOGAMA"