Unha vez mais saímos á rúa. Os 57 colectivos que constituímos GALIZA NON SE VENDE convocamos a toda a cidadanía para manifestarnos contra a sistemática desfeita do territorio:
- Contra a destrucción da paisaxe, do Patrimonio cultural, dos recursos naturais e a biodiversidade
- Contra a “marbellización” do litoral e o urbanismo salvaxe,
- Contra os parques eólicos, os encoros, as piscifactorías, os portos deportivos e os campos de golf indiscriminados
- Contra a falta de planificación e irracionalidade das infraestructuras de transporte, os polígonos industriais, os recheos, os paseos marítimos e fluviais de formigón.
- Contra a contaminación das rías, a eucaliptización, os cultivos transxénicos, as actividades industriais contaminantes e perigosas e as canteiras devastadoras.
- Contra o abandono e a destrucción do rural
- Contra a falta de respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos.
DOMINGO 15 DE FEBREIRO
NA ALAMEDA ÁS 12:00
ACUDE
DIFUNDE
GOBERNE QUEN GOBERNE
GALIZA NON SE VENDE!
!--[endif]-->!--[endif]-->!--[endif]-->!--[endif]-->!--[endif]-->!--[endif]-->!--[endif]-->!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->



Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados