Na foto: Castiñeiros de 12 anos

Dende Cogumélame (o blog de Hifas da Terra) o Dr F. de Ana-Magán anímanos a investir en plantacións de castiñeiros. Segundo autor deste post a mellora da xestión dos nosos montes é un xeito de reactivación económica no rural que pode ter agora, nos momentos de crise, un momento óptimo precisamente pola menor actividade doutros sectores económicos e porque o costo do investimento é asumible polas economías familiares. Unha plantación de castiñeiros realizada cara a triple producción de madeira, castaña e cogumelos capitalízase cada día que pasa (moito mais que unha conta no banco), pero ademais, á volta da crise (en dez anos) empezará a producir a razón duns 11.000 euros por ano e hectárea. Esto sen desbotar valores non facilmente cuantificables como os ambientais e a mellora da calidade do medio.

No blog atoparedes tamén toda a información sobre axudas e subvencións para emprender este tipo de proxectos e moitas cousas mais de interese.