No ano 2000 en Galiza as perdas no transporte e distribución da enerxía dispoñible na rede supuxo un 10% , o equivalente a toda a producción bruta de todos os parques eólicos e centrais de biomasa existentes en Galicia ese ano.

Este é o dato mais relevante (e alarmante) do análise estatístico da enerxía presentado por Yolanda Nélida Zotes Tarrío da USC na relatorio titulado “Revisión de las fuentes estadísticas del sector eléctrico en Galicia. Balance eléctrico de Galiza. Año 2000” (documento completo nesta páxina).

Segundo a autora do estudo o mal estado das liñas eléctricas e rede de distribución non provocan soamente as deficiencias no subministro que , nomeadamente no rural, estamos afeitos a soportar, senón que son responsables, xunto coas perdas no proceso de producción (por instalacións obsoletas) do maior malgasto enerxético de todo o Estado español.

O balance eléctrico de Galiza pon de manifesto o enorme paradoxo de que sendo Galicia un gran productor de enerxía eléctrica, con excedentes que exporta ao resto do Estado (mais do 33%) ,os gobernos seguen a fomentar o incremento, ano tras ano, da producción eléctrica, sen mellorar as condicións nas que a electricidade chega a moitos do nosos pobos e aldeas, que sofren diariamente un mal subministro.

A autora do estudo di que Galiza, que consume pouco mais de la metade da súa producción bruta e que soporta pola contra os costos de ser unha grande productora de electricidade, tanto en termos de contaminación como ambientais e paisaxísticos, non necesita aumentar a súa producción eléctrica. Necesita, en cambio, mellorar as súas infraestructuras cunha tecnoloxía moderna que diminúa os consumos nas centrais productoras, e mellorar as redes de transporte y distribución, de forma que as perdas de electricidade no sexan tan elevadas, e que a calidade do subministro se iguale, cando menos, á do resto do Estado español. O Estado, que está a subvencionar a actividade das eléctricas, debería alomenos  obrigar a estas a reducir ou evitar parte dos problemas que da súa actividade se derivan.