APRÓBASE O INFORME AUKEN: O GOBERNO ESPAÑOL É CENSURADO NA UNION EUROPEA POLO URBANISMO SALVAXE
A comisión de Peticións do Parlamento Europeo coa oposición dos eurodeputados españois do PP e o PSOE, aprobou o informe presentado pola deputada danesa Auken no que critica con dureza a "urbanización masiva" en España. O devandito documento, que resumíamos nun post anterior, suxire suspender as axudas da UE ao país no caso de que non se arbitren medidas que poñan remedio a esta situación.
Ante os feitos denunciados no informe, fundados nos centos de denuncias recibidas pola Comisión de Peticións, a lamentable resposta dos eurodiputados españois, tanto do PSOE como o PP consistiu en intercambiar entre eles acusacións. Soamente se puxeron de acordo en negar os incumprimento da norma europea e en apelar ás competencias dos estados membros. Ambos partidos presentaron enmendas ao informe, que foron rexeitadas pola Comisión. Pola contra aprobou ás de IU, nas que se endurecía aínda mais o informe de Auken e nas que se cualificaba o modelo urbanístico español de "espoliador dos bens culturais" e se atribuía a ese modelo a culpa das altas previsións de desemprego e o aumento da débeda pública.
“Non entendo que no sexan capaces de criticar a especulación, nin de denunciar que houbo beneficios excesivos, ni de recoñecer a necesidade de cambiar o modelo económico que canalizou tantos capitais cara ao monocultivo do ladrillo” Declarou David Hammerstein de Los Verdes perante o debate.
Dun tanto inxenuo conceptuamos nós a este Hammerstein, ou dunha corrección excesiva por non querer cualificar claramente a actitude dos dous partidos españois como un declarado "conchabeo "do poder político cos grandes intereses económicos que deron lugar a esta situación de expolio feroz drisfrazada durante moito tempo de falsa prosperidade.
!--[if>!--[if>![endif]-->![endif]-->


