La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

15 Febrero 2009

HOXE NA QUINTANA

ESTRACTO DO MANIFESTO LIDO HOXE NA QUINTANA, ANTE UNHAS 3000 PERSOAS:

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido.

"Nós sabemos que a Terra non nos pertence, senón que somos nós os que lle pertencemos á Terra". (1)

Por iso non a podemos vender.

Pertencemos a unha terra antiga, montuosa e delicada, humanizada de xeito sustentable ao longo de séculos. Unha terra onde case cada lugar tivo e ten utilidade material e significado vital e que leva asociado, polo tanto, un importante patrimonio cultural, histórico, arqueolóxico e etnográfico. E un importante patrimonio inmaterial que está inserido na conciencia colectiva do País.

"Nós sabemos que o ser humano non creou o tecido da vida, senón que é tan só un fío del. E aquilo que fagamos a ese tecido farémonolo tamén a nós".(1)

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos. Non imos quedar indiferentes ante discursos que baleiran de contido as palabras, e agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.

“Como se pode comprar o azul do ceo ou a calor da terra? Quen pode vender o vento, as ondas do mar ou a luz do mencer? O ser humano non pode posuír a terra, como tampouco pode ser amo do ceo, do frescor do aire ou do brillo da auga. Nós somos unha parte da Terra, e ela é unha parte de nós".(1)

Por iso estamos aquí, para amosar que aínda mantemos intacta a nosa dignidade de pobo que non quere morrer. Para defender a paisaxe, a natureza, a Terra, a nosa identidade e a nosa forma de vida. Para reclamar o noso dereito a unha terra viva e a unha vida digna.

Para berrar unha vez máis, con voz unánime, forte e clara:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

Compostela, 15 de febreiro de 2009

__________________________

(1) “Nosaltres som una part de la terra" Mensaxe do Gran Xefe Seattle ao presidente dos Estados Unidos de América no ano 1855. J.J. Olañeta, editor. Palma de Mallorca 2002.

NOVA DA MANIFESTACIÓN EN VIEIROS

servido por ortigueira 12 comentarios compártelo

12 comentarios · Escribe aquí tu comentario

....

.... dijo

gustaríame saber a postura de O.S. ante o ataque continuo que sofre, non a natureza, senón a nosa lingua, o galego, por plataformas: coma Galicia Bilingüe, ou partidos coma: o PP e, o recentemente creado, UPyD.

e despois de ver as fotos de GNSV e as de GB, a miña pregunta segue sendo, por qué para os intereses españolistas as cifras rondan os 7.000 (segundo a Voz, logo rebaixado a 4.000) e para outros baixan as cifras?? De feito, na de GB dubido que houbese máis que hoxe por Santiago, de feito, estou totalmente convencido, que hoxe fumos máis que o pasado domingo.

Non é un tema sobre os que soedes tratar, pero gustaríame que algunha vez vos pronunciárades sobre isto.

Un saúdo!

15 Febrero 2009 | 10:33 PM

Patricia

Patricia dijo

Son membro de OS, pero me pronuncio a título personal. As cifras de asistentes ás manifstacións dos xornais teñen tanta validez como as túas e as miñas: Se fai falta, se inchan de xeito directamente proporcional á simpatía que sinta o medio polos manifestantes. As simpatías de Fernandez Latorre, director da Voz (por non utilizar o ben merecido sobrenome da Coz) fillo adptivo desta localidade son ben notorias nas súas editoriais. Os 3000 maifestantes de onte, son cifras da organización, eu non poido dicir se reais ou non, pero segúndo quen estivo este domingo e o anterior en Santiago, sacámoslle considerable vantaxe a GB.
Pola miña parte, e sen paliativos, considero que a lingua é parte do noso patrimonio cultural inmaterial. Seguramente o seu elemento mais valioso. Valor que conservará mentres siga a ser unha lingua viva, non arqueoloxía filolóxica. É obvio que a situación sociolingüistica en Galicia non é a mesma quea de outras lugares onde conviven en cooficialidade duas linguas e que o grao de protección do galego por parte da administracción é moi escaso para equilibrar esta realidade. A campaña antigalego, falsificadora e belixerante de GB, por mais increiblemente bárbara, reaccionaria e caricaturesca que nos parecera ao principio, está tendo unha preocupantemente débil resposta política, pese a non estar respaldada socialmente de xeito significativo. Preocúpame principamente o efecto que está tendo o apoio de medios como o que mencionei antes, para seguir recibindo logo subvencións de normalización lingüistica. E tamén son denunciables actitudes de algúns responsables de Educación que con mala vontade están alentando transgrasións das normas (e nomeadamente do seu espíritu) de xeito cada ves mais atrevido.

16 Febrero 2009 | 10:27 AM

susete70

susete70 dijo

Vos deixo enlace das fotos do acontecido este pasado domingo na manifestación

http://picasaweb.google.es/susete70/GoberneQuenGoberneGaliciaNonS...
unha aperta dende ferrol

16 Febrero 2009 | 11:20 AM

simplicius

simplicius dijo

Muy interesante la concentración y ya siento no haber podido asistir, pero te juro que cuando pasen dos inviernos y supere la prueba de "ECOALDEANO" y llegue a ser uno de esos que se van al campiri y sobreviven en tal medio de forma autogestionaria y autosuficiente como los proletarios de Alcobendas, Vallecas y Moratalá que conocí en el festival, voy con la pancarta y me pongo la camiseta, aunque desentone.
Simplemente, simplicius.

20 Febrero 2009 | 01:38 AM

amijo

amijo dijo

goberne quen goberne, galiza non se vende.

Pois ben, eu tampouco quero que destrúan as nosas fragas, as nosas costas, nin a nosa paisaxe.
Logo falamos de que hai que pechar a fábrica de As Pontes e usas enerxías renovábeis. Ben, montamos os eólicos e agora tamén se protesta porque, son enerxías limpas, pero son feas para a paisaxe..
Queremos ter estradas que fagan que ir desde Ortigueira a Vigo/Verín/Mondariz non sexan un calvario e nos deixemos 60 euros en peaxes..
Queremos un tren rexional de Santiago a Ferrol (sen pasar por Coruña) e de Santiago a Lugo, e en Ortigueira non viña mal que quitasen o Tren dos LEGO e nos puxeran un rexional para poder usalo e deixar o coche aparcado..
Queremos tantas cousas, e se cambiamos uns mal hábitos por uns bos, imos ter ós ecoloxistas detrás, porque polos eólicos o anterior, polas estradas, que se asfaltamos todo ou poñemos vías en non sei onde.. joder.. non se aclaran nin eles!!

Eu non digo de meter unha autoestrada polas Fragas do Eume ou meter un tren por aí, pero haberá algunha maneira de construír unha estrada e unhas vías de tren sen impacto ambiental? home.. mellor collemos a bici de montaña e imos nela, ou facemos coma antes, coller o carro das vacas e tirar millas.. e sinceiramente, prefiro ver uns eólicos na Capelada que ter os fumes de As Pontes as 24 horas botando merda ó aire.

12 Marzo 2009 | 12:49 PM

amighiño

amighiño dijo

Amijo, ti mesmo apuntas e das na diana. Aquí temos un tren, ca sua infraestrutura, na que apenas haberia que invertir para que nos puxeramos en Ferrol en 20 minutos, en Viveiro en 15, a unhas velocidades que darian ata para comtemplar a paisaxe. E que temos uns loros que piden autovias e aves que non solucionan nada. Cando poderemos disfrutar do tren FEVE como servizo publico de transportes de viaxeiros e de mercadorias? Por que so pensamos en facer cousas novas que non responden ás nosas necesidades

12 Marzo 2009 | 01:29 PM

Eu

Eu dijo

Amiijo, a ver si te vas enterando:
1) Que poñan eólicos e mais eólicos non quere dicir que vaian pechar ENDESA. Non a van pechar ata que remate o carbón do mundo.
2) Que poñan eólicos e mais eólicos non quere dicir que che vaian a baixar o recibo da luz. Vas pagalo igual que en Madrid, que non produce enerxía ningunha, so a consume.
3) A enerxía que producen centos destes eólicos a poderían producir a metade, pero aquí non se mira a eficiencia, se mira do negocio.
4) Están a pasar o AVE polo trazado do tren rexional, polo que imos ter AVE pero imos perder o tren de cercanías. Qué che parece?
5) TODAS as autovías (léase vias rápidas, etc) producen un gran impacto ambiental sin excepción, pero NON TODAS son necesarias nin desexables, nin son a panacea.
Penso queos ecoloxistas teñeno mais claro que ti. O seu modelo se chama "economía sustentable", o que pasa é que está de moda poñerlle a calquera cousa a etiqueta verde para calar a xente que se deixa enganar.

12 Marzo 2009 | 06:18 PM

amijo

amijo dijo

aiii Eu, ti pensas queo único que le e se informa es ti?? e non te vaias tan de listo que ó mellor tampouco o es tanto, eh?

iso coméntallo ós case 800 mil votantes do PP, que os madrileños nos está a expremir ata que non nos quede nada e que por riba, non gañamos un peso. A costa de destruír a nosa paisaxe e gastar os nosos recursos e que logo non teñan comido o coco con "si galicia no está en españa, nos vamos a la ruína", non será ó revés? "si galicia no está en españa, se van a la ruína".. ??

e mira, se ti non consideras necesario unha autoestrada/autovía que pase preto de Ortigueira, respéctote. Pero eu si que o considero oportuno, porque non todos os que vivimos en Ortigueira traballamos en Ortigueira, e temos que coller o coche (por desgracia) para poder ir traballar a Ferrol, Burela, Viveiro.. e non é que as estradas esten especialmente coidadas ou en bo estado, para xogarnos as vidas nos centos de curvas que hai. Pero iso seguramente che de igual, non?

e xa que sodes tan ecoloxistas e tan anti-autovías ou cousas así, cómo en vez de coller o coche, non colledes a bicicleta?? bueno, se vos é máis cómodo, ata ir a pe ou en tándem.. ou coller un Bus de Ortigueira a.. onde sexa por case 6 euros e tardar case o dobre.

13 Marzo 2009 | 12:41 PM

Eu

Eu dijo

Non vou de nada, pero informado parezo mais que ti. Non sei canto pensas que vas aforrar en tempo pola VAC, xa mo contarás. En canto á seguridade, direiche que si, impórtame moito, por iso sei que VACs como a que van facer son as de mais alta siniestralidade. Vou traballar no que me cadra e no que podo, que é case sempre o coche de san fernando, así están as cousas, como lles covén a uns poucos, pero a min gustaríame que fose doutro xeito, qué lle vou facer: Non saín conformista. E aos votantes do PP , como si son 800 millóns, que lles dean. Si lles mexan, din que chove, e que lles gusta.

13 Marzo 2009 | 11:37 PM

Amighiño

Amighiño dijo

A min o proxecto ppero que mais me gustou foi a Ponte a cariño. Supoño, agora que recuperaron a Xunta de Ghalisia, impulsarán este visionario proxecto de futuro xunto ca autopista ás Ponrtes que reinvindicaba o Girón no inicio das obras da VAC. Por certo, ¿alguén pode poñer os enlaces cas reivindicacións que facía nas manifestacións esixindo o inmediato inicio das obras e bla, bla, bla.? Non haberá mais que engadirlle o retraso de tres anos que estivo o bipartito na xunta e esixirlle que montye outra manifestación e flete mais autobuses para esixirlle a Freixoo o mesmo que lle esixia a Touriño e Quintana. Ou a que xogaba?

16 Marzo 2009 | 05:26 PM

amijo

amijo dijo

perdoade por tardar tanto en respostar.

Agora entroume a dúbida sobre as VAC, posto que para min son as anteriormente chamadas "vías rápidas" e unha autovía, por dicilo rápido, é como unha autoestrade, pero sen peaxes.
Se non estou equivocado nisto, direille ó señor EU, que eu referíame a unha autovía e non a unha VAC, sabendo que as Vías Rápidas, son un suicidio (só había que ver as do Salnés, Barbanza..). E polo que eu teño lido e entendido, o que van facer en Ortigueira é unha VAc/VR e non unha autovía.. polo que nos entendimos mal (ou vostede a min..).

sobre todo o demais, non dixéchedes nada, nin EU, nin ninguén.. e está claro, que ninguén vai ir traballar en bici a Ferrol, nin sequera a Cuíña.. estades seguros que non vos gustaría ter un bo tren de cercanías ou rexionais que comunicasen ven Galicia, e logo Galicia co resto da península? ou ter unhas estradas máis seguras e rápidas para poder chegar a calquera sitio? e isto, para min, pódese facer, protexendo ó medio ambiente e sen danar o noso ecosistema. Pero se preferides vivir no século pasado, adiante... e a usar a bicicleta ou os pes para chegar ós sitios, sempre vos quedará tamén o carro coas vacas para máis comodidade.

E sobre piscifactorías, non estou enterado de como vai o tema, pero haberá algunha maneira de facer algunhas sen danar, non? pero eu pregunto, non será mellor ter piscifactorías e ter peixe, a seguir esquilando os mares ata tal punto que non teñamos peixes neles? agora tamén ides ser todos vexetarianos e veganos, e só comeredes plantas e verduras.. pero este parece o país do "protestar por todo".

Coma os de Galicia Bilingüe, que nunca houbo problemas co idioma ata que apareceron estes.. (e isto vai totalmente fóra deste blog).

23 Marzo 2009 | 12:49 AM

Eu

Eu dijo

Amijo, penso que de autovía, nadiña. As VAC, que eu saiba son vias dun carril para cada sentido, coas saídas e entradas contadas, nas que a xente lle pisa moito mais da conta, non sei por qué: Penso que coma ti, andan na inopia e pensan que están na autopista. Serven para aforrar o paso polos núcleos de poboación, pero sobretodo para non ter que facer autovías, que son mais caras e total a xente non ve a diferenza entre o asfalto dunha e doutro. Sempre que haxa asfaslto e formigón, para a xente hai progreso, e punto pelota. E neno, aquí, que eu saiba, non estamos no século XIX e non imos en carretas, todos imos en coche e seguiremos a facelo ata que o oil peak non cambie as cousas, que o fará.Pero mentres, algúns pensamos que se poden facer as cousas dunha soa vez, ben, con eficiencia e con sentidiño. Que xa está ben de vender progreso (que non da chegado, home, ti non o ves?) e deixar arrasado o territorio con carreteras que se desfasan en dez anos. E si, hai utros xeitos de facer piscifactorías para comer peixe sen arrasar os caladeiros e sen formigonear CENTOS de hectárea a pe de costa virxe. Por suposto que hai outros xeitos. Hai xeitos de vivir ben e respectar a natureza e o medio ambiente, e se non, haberá que buscalos, porque non temos dereito a estragalo todo para vivir coma no século XXI. A min o XX me vale ben.

23 Marzo 2009 | 07:20 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera