Aninara Legarreta e R. Carmelo Rguez. Padín.
"Once colectivos galegos forman unha rede de consumo alternativo ao modelo antinatural e especulativo imperante
O xoves 27 de novembro pasado, tras seis longos meses de xestación, nacía en Santiago de Compostela a Rede Galega de Consumo Responsábel e Consciente, con once colectivos que agrupan máis de 1.500 asociados e asociadas e que facturan ao longo do ano preto dun millón de euros.

A iniciativa nace nunha contorna xeral no que a progresiva conciencia polas persoas de que o consumo ten fortes consecuencias culturais, sociais, económicas e ambientais, e a posta en cuestionamento dun sistema de produción antinatural e especulativo desenvolvido pola industria desde a segunda metade do século XX, ten provocado por un lado varias loitas en todo o mundo contra algunhas das corporacións que son responsábeis dun modelo consumista e explotador e polo outro, o nacemento de organizacións que propoñen outro modelo de consumo, un consumo consciente e sustentábel."

LER O RESTO DO ARTIGO EN ALTERMUNDO.ORG