En España son mais de tres millóns, en Galicia, unhas 60.000 as vivendas baleiras. Malia estas cifras, a Conselleira de Vivenda do goberno saínte presentou un plan sectorial onde se planifica a construcción doutras 45.000 vivendas mais de protección autonómica, e a transformación urbanística (recalificación) de 8,7 millóns de metros cadrados de solo. A Consellería, que dixo querer responder así á demanda social de vivenda, poren está a afondar, nun modelo de desenvolvemento urbanístico que supón un innecesario consumo de solo, que produce un gran impacto sobre o territorio e que ten probadas repercusións sobre o cambio climático. Pode ser, que este plan teña tamén por obxectivo realizar unha intervención keynesiana de revitalización económica baseada no maltreito sector da construcción (do que, por certo, provén a Conselleira Táboas): Pode ser que a ex conselleira ignore a responsabilidade que o excesivo desenvolvemento deste sector tivo no estalido da crise. Aínda sen entrar a valorar intervencións concretas, o plan da Conselleira non constitúe pois un modelo sostible en absoluto, nin dende o punto de vista ambiental nin económico.

Sorprendentemente algo mais preto deste modelo andaría o próximo presidente da Xunta, Núñez Feijoo cando promete atender á demanda de vivenda poñendo no mercado moitas destas casas baleiras a prezos de VPO, a pesar de que que a sostibilidade non sexa unha preocupación habitual no seu partido e probablemente tampouco a finalidade do proxecto de Feijoo, concebido para salvar da quebra aos constructores.

Pero afondar nun plan sustentable, que atenda a esta necesidade social e que ao tempo supoña unha verdadeiro impulso na loita contra o quentamento global require porén unha aposta mais decidida: A rehabilitación pode ser a saída mais viable da crise para o sector da construcción, ao tempo que, entanto se faga con criterios de eficiencia, orientada ao aforro enerxético, podería ser das mellores inversións na loita contra o cambio climático.

Así o plantexan os autores deste artigo “Frente a la crisis, rehabilitar”, no que expoñen un plan na liña do Green New Deal do que falabamos nun post anterior.

Ler o artigo en Dominio Público