La Coctelera

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

11 Marzo 2009

O ECOLOXISMO FAI AS SUAS ACHEGAS AO NOVO GOBERNO. OS ESPECULADORES TAMÉN

Os ecoloxistas póñense a andar. Aínda non comezada a nova lexislatura, madrugadores representantes da Asociación Pola Defensa Ecolóxica de Galicia pediron unha xuntanza co próximo presidente da Xunta para demandar en primeiro lugar que se respecten as conquistas ambientais acadadas nos últimos anos, como a Lei de Defensa dos Ríos ou a paralización das minicentrais. Solicitaron ademais que se prorrogase a moratoria para costruír nos 500 primeiros metros de costa ata que sexa aprobada unha Lei de Protección do Litoral, e que se leve a cabo a proposta de ampliación da Rede Natura e a de Lei da Paisaxe proxectadas polo goberno anterior. ADEGA aportou ademais unha longa serie de propostas para a conservación dos espacios naturais protexidos, para un tratamento de residuos urbanos que supere o modelo SOGAMA,  para unha nova políca enerxética que aposte pola eficiencia, o aforro e as enerxías renovables, etc. Entre as medidas específicas os ecoloxistas demándan o traslado de Reganosa fora da ría de Ferrol, un novo Plan Sectorial Eólico, o desmantelamento do complexo ENCE ELNOSA e a declaracion do Parque natural Ancares Courel, do macizo central e a amplaición do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Os ecoloxistas manifestaron a súa preocupación de que perante a nova lexislatura se produzca unha involución ambiental e que se novo o medio ambiente sexa obxecto de depredación e especulación salvaxe, en referencia a anterior lexislatura do PP. A sua proposta resúmese na a adopción dun modelo sustentable e un compromiso coa "Administración verde".
A aprensión dos ecoloxistas non é sin motivo. Os especuladores non se quedan atrais nas suas reivindicacións: Alcaldes, promotores inmobiliarios e constructores reuníronse (eles sí xa foron recibidos) con Nuñez Feijoo para apremiarlle a levantar as restriccións na franxa litoral aprobadas polo Executivo saínte. O novo presidente prometeulles xa eliminar "trabas" urbanísticas, tamén na costa, aínda que evitou manifestarse específicamente sobre a moratoria dos 500 metros que expira en maio, pero avanzou que a finais deste ano terá aprobada unha Lei do Litoral distinta a que estaba a elaborar o PSOE. Non resulta moi esperanzador o feito de que considere as actuais restriccións "Un bloqueo de los planes generales de ordenación urbana y muy concretamente en el litoral gallego". Non hai que esquecer tampouco que Feijoo non esperou nin a tomar posesión para declarar a súa intención de recuperar o proxecto de destrucción dun dos mais valiosos e emblemáticos espacios naturais costeiros, O cabo Touriñán, permitindo a Pescanova a instalación dunha mega- piscifactoría de centos de metros cadrados de formigón, que considera compatible cos usos da Rede Natura. Algo me di que os ecoloxistas non imos ter descanso estes catro anos.

El PAIS: Los ecologistas piden al PP que mantenga la Lei de los 500 metros

EL PAIS: Feijoo se compromete con la patronal a eliminar "trabas a la construcción"

ADEGA: Propostas de ADEGA ao novo goberno: Un compromiso inaprazable coa Terra, sen volta atrás

EL PAIS: Feijoo retoma el proyecto de piscifactoría en Toriñán

servido por ortigueira 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

Tutti

Tutti dijo

Os galegos e as galegas non podemos permitir que o desenvolvemento industrial e tecnolóxico de Galicia sexa a favor de políticas destructivas e que non benefician en nada ao noso medio ambiente, algo que nos caracteriza. Por iso non podemos deixar que fagan o que queiran nin que se priorice ás empresas en detrimento da natureza. Un saúdo.

11 Marzo 2009 | 08:32 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de ortigueira

ORTIGUEIRA SOSTIBLE

ver perfil »
contacto »
Apoiamos a Isaac Díaz Pardo Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera