POR QUÉ A SOBERANÍA ALIMENTAR

Porque a alimentación é unha preocupación básica do ser humano pero asemade un dereito recoñecido por Nacións Unidas.
Porque ese dereito está a ser vulnerado en multitude de países debido á implantación invasiva do modelo industrial na producción de alimentos, que lonxe de garantir que estes cheguen a toda a xente está a crear enormes bolsas de pobreza e de fame no mundo. Millóns de persoas son desprazadas continuamente dos seus asentamentos e apartadas do seus modos de vida tradicionais cara a periferia das grandes cidades onde engrosan a masa de poboación empobrecida. As veces (moitísimas veces) esto acontece da man da violencia, promovida polos propios gobernos ao servizo das grandes transnacionais da alimentación. Porque todo isto está a conducir ao mundo a unha crise de alimentos sen precedentes
Porque o modelo neoliberal aplicado á producción de alimentos está a desequilibrar os ecosistemas, liberando inxentes cantidades de contaminantes en forma de agrotóxicos e transxénicos, afectando gravemente á biodiversidade, provocando o abandono do rural e impoñendo os modos de asentamento e a organización do territorio mais insustentable que imaxinarse poida. Porque iso ocorre tamén aquí e agora.
Porque esta situación tamén está a afectarnos a nós, a pesar de non padecer desabastecemento de alimentos e a pesar da gran oferta de comida. Porque moita dela se produce a moitos kilómetros de distancia, fora dos seus ciclos normais e nos entornos sociolóxicos e ecolóxicos de producción antes descritos e que moitos rexeitamos: Temos cada vez menos control sobre os alimentos que consumimos, sabemos pouco o nada sobre a súa orixe, e carecemos de garantías sobre a súa seguridade para a saúde.
Porque esta situación ten alternativa. Podemos esixir o noso dereito á soberanía alimentar: "O dereito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente apropiados, acesíbeis, producidos de forma sustentábel e ecolóxica, e o seu direito a decidir o seu propio sistema alimentar e produtivo”. Así foi definida en 2007 no Foro de Nyéleni, en Sélingué (Mali).
Tamén nós podemos facer valer este dereito exercendo o consumo responsable, apostando polo comercio xusto e transparente, polos productos de procedencia local e agroecolóxica e rexeitando os producidos con transxénicos e completamente artificializados polo uso indiscriminado de químicos. Podemos esixir información e podemos decidir. Podemos apostar pola saúde, a xustiza e a sustentabilidade.
En Galicia varios colectivos traballan neste eido desde distintos ámbitos: Na xestión de cooperativas de consumo responsable e comercio xusto, na creacción da conciencia social necesaria para exercelo ou na denuncia dos procesos que pouco a pouco nos conducen á perda da nosa soberanía alimentar como a introducción de transxénicos nos nosos cultivos, o desmantelamento de sectores productivos locais (cabe lembrar agora o dramático abandono do sector lácteo á súa sorte) e tamén a desatención en canto a dotación de servizos do rural, provocando o seu abandono e con él un xeito de vida e toda unha cultura alimentar. Algúns destes colectivos son:
· Cooperativas:
· Asociacións, ONGs, etc.:
Rede galega de consumo responsable
Iniciativa pola soberanía alimentar dos pobos
!--[if>!--[if>!--[if>!--[if>!--[endif]-->!--[endif]-->![endif]-->![endif]-->




paisajesdealpuente dijo
Algo se está haciendo también por Valencia. Si alguien quiere contactar, por ejemplo:
http://www.llavorsdaci.org/
7 Mayo 2009 | 03:40 PM