O ecoloxismo fai balance ambiental da actual lexislatura e o goberno español suspende con moi baixa nota. As principais asociacións ecoloxistas, nun documento conxunto advirten dun grave retroceso do goberno nas políticas de protección ambiental respecto a lexislatura anterior, que se pon de evidencia en todos os ámbitos (protección do litoral, industria, transporte, enerxía, urbanismo, residuos, política forestal, biodiversidade...).
O goberno abandona un tras outro compromisos ambientais que tiñan peso no anterior goberno. A excusa interposta é a crise. Preocupado por mellorar índices e cifras , o executivo invirte todo o seu esforzo en recuperar o modelo ao seu estado anterior, reproducindo fielmente incluso as circunstancias que causaron o desastre económico: Alimenta o sector da construcción, apuntala o seu esquema especulativo, continúa afondando no modelo de transporte individual e nos xeitos mais ineficientes de consumo enerxético. Como táctica para superar a crise é mais que cuestionable. As súas consecuencias sociais e ecolóxicas, inasumibles.
A falta de transparencia en procesos públicos que afectan ao medio ambiente, un obxectivo clave na anterior lexislatura onde se acadaran logros salientables, ten experimentado dun ano a esta parte unha acusada marcha atrás. E isto é o feito mais grave, porque supón unha involución do desenvolvemento democrático, sempre aparellado ao nivel de protección medio ambiental dos estados. É un feito demostrado que os retrocesos en calquera destes factores carrexa a regresión do outro.
Porén nestes procesos económicamente difíciles é necesario reforzar os avances sociais e consolidar os progresos democráticos: Neles aséntase o benestar das sociedades mais que no consumo e no PIB. Igual que os dereitos civís, a protección do medio ambiente non pode seguir considerandose un obstáculo para o desenvolvemento que se pode subordinar aos intereses económicos. Porque, lonxe de ser unha rémora, pode ser o mellor vehículo de desenvolvemento, de progreso e de mellora da calidade de vida. Ese é o noso convencemento.
Jaime del val é artista, membro da Coordinadora Cidadá en defensa do Territorio, da Asociación Salvemos Mojácar e outras, invitado pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo como portavoz destas asociacións e peticionario para defender o informe Auken.
El pleno del Parlamento Europeo ha aprobado hoy el informe Auken que exige que se congelen los fondos comunitarios para España hasta que se resuelvan los abusos urbanísticos denunciados en Bruselas por ciudadanos de varios países de la UE. La resolución, extremadamente dura con la situación urbanística de España, ha sido elaborada por la diputada verde danesa Margrete Auken, que pide suspender y revisar todos los nuevos planes que no respeten el medio ambiente y no garanticen el derecho a la propiedad. Exige además anular los desarrollos urbanísticos en curso que no se ajustan a la legislación comunitaria. Corrupción endémica "En España se ha generado una forma endémica de corrupción", señala el texto, que responsabiliza a todos los niveles de la administración de un modelo de "desarrollo insostenible". El informe indica además que las autoridades judiciales no están "debidamente preparadas" para dar respuesta a los abusos. "Las sentencias dictadas en muchos de estos casos no pueden ejecutarse de forma que compensen a las víctimas de tales abusos; ello ha reforzado la impresión, compartida por muchos ciudadanos de la UE de nacionalidad no española, acerca de la falta de actuación y parcialidad de la Justicia española". El informe manifiesta su "preocupación por la situación de la planificación urbana en Marbella, en Andalucía, donde se han construido ilegalmente decenas de miles de viviendas, que infringen probablemente la legislación comunitaria". Se señala además que existen urbanizaciones construidas en zonas protegidas por la red Natura 2000, como las urbanizaciones en Cabo de Gata (Almería) y Murcia.
Os ecoloxistas póñense a andar. Aínda non comezada a nova lexislatura, madrugadores representantes da Asociación Pola Defensa Ecolóxica de Galicia pediron unha xuntanza co próximo presidente da Xunta para demandar en primeiro lugar que se respecten as conquistas ambientais acadadas nos últimos anos, como a Lei de Defensa dos Ríos ou a paralización das minicentrais. Solicitaron ademais que se prorrogase a moratoria para costruír nos 500 primeiros metros de costa ata que sexa aprobada unha Lei de Protección do Litoral, e que se leve a cabo a proposta de ampliación da Rede Natura e a de Lei da Paisaxe proxectadas polo goberno anterior. ADEGA aportou ademais unha longa serie de propostas para a conservación dos espacios naturais protexidos, para un tratamento de residuos urbanos que supere o modelo SOGAMA, para unha nova políca enerxética que aposte pola eficiencia, o aforro e as enerxías renovables, etc. Entre as medidas específicas os ecoloxistas demándan o traslado de Reganosa fora da ría de Ferrol, un novo Plan Sectorial Eólico, o desmantelamento do complexo ENCE ELNOSA e a declaracion do Parque natural Ancares Courel, do macizo central e a amplaición do Parque Nacional das Illas Atlánticas Os ecoloxistas manifestaron a súa preocupación de que perante a nova lexislatura se produzca unha involución ambiental e que se novo o medio ambiente sexa obxecto de depredación e especulación salvaxe, en referencia a anterior lexislatura do PP. A sua proposta resúmese na a adopción dun modelo sustentable e un compromiso coa "Administración verde". A aprensión dos ecoloxistas non é sin motivo. Os especuladores non se quedan atrais nas suas reivindicacións: Alcaldes, promotores inmobiliarios e constructores reuníronse (eles sí xa foron recibidos) con Nuñez Feijoo para apremiarlle a levantar as restriccións na franxa litoral aprobadas polo Executivo saínte. O novo presidente prometeulles xa eliminar "trabas" urbanísticas, tamén na costa, aínda que evitou manifestarse específicamente sobre a moratoria dos 500 metros que expira en maio, pero avanzou que a finais deste ano terá aprobada unha Lei do Litoral distinta a que estaba a elaborar o PSOE. Non resulta moi esperanzador o feito de que considere as actuais restriccións "Un bloqueo de los planes generales de ordenación urbana y muy concretamente en el litoral gallego". Non hai que esquecer tampouco que Feijoo non esperou nin a tomar posesión para declarar a súa intención de recuperar o proxecto de destrucción dun dos mais valiosos e emblemáticos espacios naturais costeiros, O cabo Touriñán, permitindo a Pescanova a instalación dunha mega- piscifactoría de centos de metros cadrados de formigón, que considera compatible cos usos da Rede Natura. Algo me di que os ecoloxistas non imos ter descanso estes catro anos.
En España son mais de tres millóns, en Galicia, unhas 60.000 as vivendas baleiras. Malia estas cifras, a Conselleira de Vivenda do goberno saínte presentou un plan sectorial onde se planifica a construcción doutras 45.000 vivendas mais de protección autonómica, e a transformación urbanística (recalificación) de 8,7 millóns de metros cadrados de solo. A Consellería, que dixo querer responder así á demanda social de vivenda,poren está a afondar, nun modelo de desenvolvemento urbanístico que supón un innecesario consumo de solo, que produce un gran impacto sobre o territorio e que ten probadas repercusións sobre o cambio climático. Pode ser, que este plan teña tamén por obxectivo realizar unha intervención keynesiana de revitalización económica baseada no maltreito sector da construcción (do que, por certo, provén a Conselleira Táboas): Pode ser que a ex conselleira ignore a responsabilidade que o excesivo desenvolvemento deste sector tivo no estalido da crise. Aínda sen entrar a valorar intervencións concretas, o plan da Conselleira non constitúe pois un modelo sostible en absoluto, nin dende o punto de vista ambiental nin económico.
Sorprendentemente algo mais preto deste modelo andaría o próximo presidente da Xunta, Núñez Feijoo cando promete atender á demanda de vivenda poñendo no mercado moitas destas casas baleiras a prezos de VPO, a pesar de que que a sostibilidade non sexa unha preocupación habitual no seu partido e probablemente tampouco a finalidade do proxecto de Feijoo, concebido para salvar da quebra aos constructores.
Pero afondar nun plan sustentable, que atenda a esta necesidade social e que ao tempo supoña unha verdadeiro impulso na loita contra o quentamento global require porén unha aposta mais decidida: A rehabilitación pode ser a saída mais viable da crise para o sector da construcción, ao tempo que, entanto se faga con criterios de eficiencia, orientada ao aforro enerxético, podería ser das mellores inversións na loita contra o cambio climático.
Así o plantexan os autores deste artigo “Frente a la crisis, rehabilitar”, no que expoñen un plan na liña do Green New Deal do que falabamos nun post anterior.
A esquerda deste país sabemos que estes resultados elctoráis teñen un lado bo. Que deste fracaso pódense extraer valiosas lecións, que de aquí pode xurdir un cambio, un verdadeiro proxecto progresista, unha alternativa. Esta lexislatura non o foi. Soamente unha oportunidade perdida, e quen tivo a deshonra de protagonizala debe marchar e dar relevo á verdadeira esquerda, que por ahí anda. É tempo de reflexión para quen ten a obriga de facelo. Cabe esperar que aínda haxa intelixencia dabondo para traballar en concebir un outro proxecto auténtico, á altura da cidadanía esixente que hai neste país, e que non se perdan outros catro anos en pataletas, en xustificacións, en endilgarlle as culpas aos outros, e aínda menos en devorar as poucas migallas de poder coas que quedaron os protagonistas deste episodio de goberno bipartito.
Perante os últimos trinta anos (auxe do neoliberalismo) difundíronse como dogmas económicos irrefutables unha serie de principios que a actual crise está a desmontar incontestablemente. O primeiro destes principios era o da autorregulación do sistema. O Estado era un estorbo do desenvolvemento económico. O intervencionismo, o gran pecado, e Keynes (o seu teórico) un "marxista refinado", a "coartada das socialdemocracias" . Agora descubren que o que provocou este estado de crise profunda foi exactamente a falta de regulación das institucións financieiras. O mercado auto-regulado resultou ser que non existe, que ten un comportamento desordenado e impredecible e que pode provocar buratos financieiros sen fondo. Salvo que isto non é tan novo: En 1929 outra profunda crise coa que estase a comparar a nosa, a Gran Depresión, foi provocada tamén pola inestabilidade inherente ao mercado, e tivo que ser afrontada polos estados cunha política intervencionista planificada. O obxectivo era "regresar " o sistema ao estado anterior á crise, chamouse New Deal e foi concebida en EUA polo presidente Roosvelt, desenvolvéndose logo en moitos programas de goberno diferentes, segundo as particularidades dos estados que adoptaron os seu principios. Agora os gobernos deben emprender un novo New Deal: Agora compre gastar, investir diñeiro público para crear emprego, reactivar a economía e recuperar o sistema. Tamén os nosos gobernos central e autonómico están na liña de adoptar este modelo de xeito invariante: Ademais de inxectar fondos ás entidades financieiras (coa promesa de manter o control e a vixiancia) apostan por investir en obra pública, nomeadamente, e demostrando unha notable falta de ideas, de duas clases: Comunicacións (autoestradas, tren de alta velocidade...) e vivendas de protección oficial. Tamén eles teñen por obxectivo retornar a un estado idéntico ao anterior á crise. Mais ese é o problema, ahí reside a inconsistencia fundamental desta política: Estase a investir diñeiro e esforzos en reflotar un modelo económico cuia excesiva dependencia do sector da construcción demostrou ser causa estructural da crise e que, nomeadamente, manifestouse ambientalmente insostible. A necesidade social destes investimentos públicos é de por si moi cuestionable na actual dinámica demográfica de recesión, con miles de vivendas baleiras e un panorama enerxético que a medio prazo vai a provocar o abandono do actual modelo de comunicacións baseado no automóvil. Pero ademais deste xeito estase a profundizar naqueles aspectos da economía que provocan o quentamento global e que son mais insustentables.
Pero un outro New Deal é posible. Aínda que con exito desigual, ao intervencionismo do 29 se lle recoñece o mérito de haber dado un primeiro paso cara a introducción de políticas sociais e ao Estado do Benestar. A nova crise debe ser agora tamén o detonante dun cambio político que de prioridade aos intereses dos cidadáns, non do capital financieiro. Pero é necesario nembargantes cambiar os parámetros tradicionais e ser capaces de percibir os retos dun novo panorama económico. Bautizada co nome de Global New Deal ou de Green Economy esta alternativa estase a defendader entre outros por Ban-Ki Moon, Secretario Xeral da ONU. A proposta contraría a tese tradicional de que a defensa ecolóxica se opón ao desenvolvemento económico. Pola contra, considera que precisamente a loita contra o quentamento global é a grande oportunidade de dar saída á profunda crise de modelo económico que sacude a nosa economía. O traballo dos gobernos debe consistir en reorientar a actividade económica cara a economía real: A que responde as necesidades da xente de forma eficiente suministrando servizos e productos sen malgasto dos recursos naturais e enerxéticos que caracteriza o actual modelo. Tamén a OIT afirma que esforzos diversos por reducir o cambio climático e os seus efectos poderían crear millóns de postos de traballo tanto en paises industrializados como en vias de desenvolvento. Enerxías renovables, transporte colectivo, tratamento sustentable dos residuos, recuperación de espazos degradados,adecuación das infraestructuras públicas e das vivendas para o aforro enerxético...Ecoloxía para sair da crise. Non é un sarcasmo neoliberal. A melodía empeza a soar en mercados financieiros. Entidades como o Deustche Bank fala da "economía verde que pode evitar unha recesión severa". É posible que facer unha verdadeira política social sexa tamén o camiño para saír da crise. O camiño das economías vencedoras, como di o economista Jeremy Rifkin. Pola contra, inxectar miles de millóns de fondos públicos en modelos esgotados será un terrible desperdicio e hipotecará o noso futuro económico.
Aninara Legarreta e R. Carmelo Rguez. Padín. "Once colectivos galegos forman unha rede de consumo alternativo ao modelo antinatural e especulativo imperante O xoves 27 de novembro pasado, tras seis longos meses de xestación, nacía en Santiago de Compostela a Rede Galega de Consumo Responsábel e Consciente, con once colectivos que agrupan máis de 1.500 asociados e asociadas e que facturan ao longo do ano preto dun millón de euros.
A iniciativa nace nunha contorna xeral no que a progresiva conciencia polas persoas de que o consumo ten fortes consecuencias culturais, sociais, económicas e ambientais, e a posta en cuestionamento dun sistema de produción antinatural e especulativo desenvolvido pola industria desde a segunda metade do século XX, ten provocado por un lado varias loitas en todo o mundo contra algunhas das corporacións que son responsábeis dun modelo consumista e explotador e polo outro, o nacemento de organizacións que propoñen outro modelo de consumo, un consumo consciente e sustentábel."